Santiago Gómez Periscal «Iago» (Carballo 1989) continúa unha campaña máis como gardamallas no Calvo Xiria. O porteiro carballés, considerado un dos mellores da categoría e con experiencia na DH Prata, rexeitou varias ofertas de clubes punteiros da 1ª Estatal para continuar no proxecto do Calvo Xiria.… Seguir lendo >>
Martín Alfeirán Villar (Carballo 1995) sigue no Calvo Xiria. Lateral dunha gran calidade e cun potente lanzamento que debe ser unha das referencias ofensivas do equipo.… Seguir lendo >>
Uxío Batán Rodríguez (Lalín 1992) sigue unha campaña máis no Calvo Xiria. O primeira liña lalinés, de gran versatilidade, afrontará deste xeito a súa segunda campaña formando parte do equipo carballés.… Seguir lendo >>
Alberto Lema García «Cuco» (Carballo 1987) é outro dos xogadores que non inicirán a campaña. O pivote carballés viuse obrigado a deixar o equipo o pasado mes de xaneiro por motivos laborais.
O pivote e central defensivo Ramón Suárez-Pumariega Ortiz (Carballo 1990) non xogará no Calvo Xiria esta campaña. Como xa anunciou o seu novo club hai uns días, o xogador carballés, que por motivos laborais deixa a capital de Bergantiños, formará parte dun dos mellores planteis da categoría, o do Atl.… Seguir lendo >>
Sergio Facal Fariña (Carballo 1981) seguirá ás ordes de Marcos Rodríguez. O xogador máis veterano do plantel seguirá facendo vibrar aos xiriareiros coa calidade que atesoura no extremo e coa súa intensidade defensiva.… Seguir lendo >>
Javier Rodríguez Pombo (Carballo 1995), un dos zurdos do equipo, seguirá dando guerra, unha campaña máis, dende o extremo dereito do Calvo Xiria.… Seguir lendo >>
Alejandro Calvete Cotelo (Carballo 1995) formará parte do plantel do Calvo Xiria para a campaña 2016-2017. O pivote carballés, tras a baixas de Ramón e Cuco, é na actualidade o único xogador nato para esa posición do que dispón Marcos Rodríguez.… Seguir lendo >>
1ª Estatal. Brais Puñal Domínguez (Carballo 1993) contiunará no Calvo Xiria. O extremo está chamado a asumir, tras as baixas de Ramón e Cuco, o mando do centro da defensa carballesa.
1ª Estatal. Martín Gómez Taibo «Zúpez» (Carballo 1995) seguirá sendo un dos gardametas do Calvo Xiria. Porteiro que destaca pola súa axilidade e reflexos baixo os paus.