Archivos de la categoría Senior Masculino

O Calvo Xiria domina o importante partido ante o Vilatrade BM.Lavadores

O

Calvo Xiria visitaba o pasado sábado a difícil pista do Vilatrade BM. Lavadores. Os de Carballo debían de conseguir os dous puntos en xogo para seguir nese segundo posto da clasificación, pero o obxectivo non se antollaba nada sinxelo, xa que os olívicos xa puxeran en serios apretos aos verdinegros na primeira volta e mesmo foron capaces de conseguir un empate no Vila De Noia carballés.… Seguir lendo >>

O Calvo Xiria móstrase intratable e conquista a segunda praza

O Calvo Xiria, como ven facendo neste inicio de ano, mostrou unha superioridade e un poderío incontestable fronte ao Construciones Castro, un rival directo que en caso de conseguir os dous puntos, superaría na clasificación aos de Carballo. Pero a realidade foi moi distinta e os verdinegros non deron opción ao seu rival, superando o envite con comodidade e folgura.
Seguir lendo >>

Pablo Iglesias e Iago Gómez convocados coa selección galega absoluta

Os xogadores do Calvo Xiria Pablo Iglesias e Iago Gómez foron seleccionados para xogar coa selección galega absoluta que se medirá a Arxentina en dous encontros amigables.
Así o central Pablo Iglesias foi citado para os dous encontros, que terán lugar no Rosal e no Porriño os vindeiros 8 e 10 de xaneiro respectivamente, mentres que o meta Iago Gómez foi seleccionado para o partido que se xoga o día 10 no Porriño.… Seguir lendo >>

O Calvo Xiria derrota á SAR e pode terminar o ano como líder

Viaxaba o Calvo Xiria ata Redondela para enfrontarse no día de onte á SAR. A pesar da diferenza de postos na táboa clasificatoria entre os dous equipos, o Calvo non podía acudir á cita sen a tensión competitiva debida, ante un rival que no último mes presentara unha melloría evidente no seu xogo e que fora capaz de dominar recentemente á todopoderoso Atl.
Seguir lendo >>

O Calvo Xiria continúa o seu camiño á conta do Bueu Atl. BM

O Calvo Xiria, recibía no día de onte ao Bueu co obxectivo de non deixarse sorprender no envite e desta forma, poder terminar líder a xornada do Sábado á espera do que fixese o ATL. Novás o Domingo pola mañá en Lavadores.En calquera caso, os carballeses debían de sumar os dous puntos en xogo para seguir situados nos postos de privilexio que dan acceso a xogar a fase de ascenso a División De Honra Prata.… Seguir lendo >>