Archivos de la categoría Senior Masculino

Cuartos de Final da Copa Galicia

Inicia o Calvo Xiria a competición oficial coa disputa da Copa Galicia. O equipo carballés entra en competición nos cuartos de final, por ser campión de liga de 1ª Estatal, xunto cos equipos de Asobal e Prata.

Así o Calvo Xiria deberá medirse, en eliminatoria a partido único, ao Servi-Auto Bueu At., que ven de eliminar a SD Teucro B e ao Bm Porriño, para tentar obter unha praza para as semifinais, unhas semifinais nas que o equipo carballés estivo presente nas últimas edicións deste torneo.… Seguir lendo >>

Calendario Liga 1ª División Estatal

Tras o sorteo realizado o pasado xoves na sede da RFEBM, así queda o calendario de liga de 1ª División Estatal Masculina, terceira categoría en importancia do balonmán español. O Calvo Xiria, campión de liga as dúas últimas campañas comezará a defensa do título ligueiro recibindo, o 16 de setembro no Pavillón da Zona Escolar de Carballo, a visita da SD Teucro B, filial do equipo de Asobal.… Seguir lendo >>

Novo éxito do Calvo Xiria

Acadou os dous puntos que precisaba o Calvo Xiria ante o Seis do Nadal para certificar matematicamente a presenza do conxunto carballés na fase de ascenso a División de Honra por segundo ano consecutivo. Un enorme éxito dos xogadores verdinegros que traballaron a reo durante toda a tempada para ter de novo a opción de saltar de categoría.… Seguir lendo >>

Queda o Calvo Xiria sen marxe

Cando quedan cinco xornadas por disputarse na 1ª Estatal Masculina, ve o Calvo Xiria como a renda acadada logo dunha primeira volta inmaculada esfúmase, e queda sen marxe de manobra se quere acadar a primeira posición ao remate da liga. A derrota no Porriño por máis de tres goles deixa ao conxunto carballés cun so punto de diferenza co segundo e dous co terceiro e cuarto, cos que si ten gañado a diferenza de goles, o que lle da a clasificación matemática para a fase de ascenso acadando oito dos dez puntos en xogo.… Seguir lendo >>

Empate no Vila de Noia

Un partido con dúas partes totalmente diferenciadas. A primeira do Calvo Xiria, sen dúbida, e a segunda totalmente do Novás. O que semellaba un partido totalmente decantado para os carballeses cando no minuto quince do primeiro tempo levaban un parcial favorable de 10-2, diferenza que se mantiña no momento de ir aos vestiarios, transformouse nun empate final, que deixou a uns e outros desconformes.O Calvo Xiria fixo unha defensa moi anticipativa nos primeiros trinta minutos, o que lle permitiu correr ao contraataque, sen dar opcións aos rosaleiros de entrar no partido.… Seguir lendo >>