Archivos de la categoría Senior Masculino

O Calvo Xiria realiza un gran partido en Redondela

Nun partido pleno de acerto, tanto en defensa coma en ataque, e  no que mantivo a intensidade ao longo dos sesenta minutos, acadou o Calvo Xiria  a súa quinta vitoria na 1ª Estatal noutras tantas xornadas disputadas. Pola contra o seu rival, a SAR de Redondela, non tivo unha boa tarde e non foi quen de meterse no partido despois das primeiras imprecisións aproveitadas polo Xiria para por terra de por medio dende o asubío inicial.… Seguir lendo >>

Álex Naya deixa o Calvo Xiria

O gardameta carballés Álex Naya, que era dúbida para continuar no plantel, deixa a disciplina do Calvo Xiria por mor da dificultade para compaxinar horarios laborais e horarios de adestramento.

Ademáis o xa ex-porteiro do Xiria recibiu unha oferta doutro club da 1ª Estatal que lle ofrecía flexibilidade cos adestramentos así como ter máis minutos e protagonismo no xogo para coller experiencia e mellorar, oferta que Naya aceptou polo que xogará esta campaña no OAR Coruña.… Seguir lendo >>

Así queda o plantel do Calvo Xiria, sen descartar que se poidera producir algunha incorporación máis.

O actual campión de liga comeza este luns os adestramentos de pretempada. Todos os xogadores son naturais de Carballo e formados nas categoría de base das Escolas Balonmán Xiria, a excepción do lalinés Uxío Batán.

E así queda o plantel do Calvo Xiria, que comeza o lúns día 8 os adestramentos para afrontar unha nova tempada que agardemos que estea chea de espectaculo e co reto de sair como actual campión do seu grupo na Primeira División Estatal:

–          Porteiros: Iago Gómez e Martín Gómez «Zúpez»

–          Centrais: Pablo Iglesias, Gonzalo Pombo e Juanca Rodríguez (aínda xuvenil).… Seguir lendo >>

Miguel Suárez-Pumariega súmase á pretempada do Calvo Xiria

O extremo Miguel Suárez-Pumariega Órtiz (Carballo 1994) incórporase á pretempada do Calvo Xiria. Xogador formado na canteira carballesa deixou o equipo hai catro anos debido aos seus estudos. Chegou a debutar co Calvo Xiria cando aínda era xuvenil. A pasada tempada estivo alonxado do balonmán e nas tres anteriores xogou na 1ª División Estatal no Bueu Atlético.… Seguir lendo >>

Juanca Rodríguez compaxinará sénior e xuvenil

Juan Carlos Rodríguez Órtiz (Carballo 1998) será outro dos xogadores que compaxinarán os equipos sénior e xuvenil. Xogador xuvenil de segundo ano que actúa na posición de central, destacando a súa movilidade e a súa gran variedade de recursos. Juanca xa entrou, sendo xuvenil de primeiro ano, en algunha convocatoria do equipo sénior a pasada campaña pero non chegou a debutar.… Seguir lendo >>