Archivos de la categoría Uncategorized

10 anos de ligas galegas de base

Aló pola temporada 2008/2009 tiña lugar un feito moi importante para as Escolas de Balonmán Xiria.

A creación das ligas galegas de base provocou que durante todo o ano, dende setembro, os nosos rapaces tiveran unha competición de nivel. Ata ese momento xogaban a Liga Norte e só nos últimos partidos da competición loitaban contra os equipos do eixo Vigo-Pontevedra, que é onde están a maior parte dos equipos fortes de Galicia.… Seguir lendo >>

O Punta del Este Xiria e o Hierros Varela Urbieta Xiria xogan esta fin de semana o play-off

O equipo infantil feminino, Punta del Este Xiria, xoga esta fin de semana en Redondela o seu play-off. O primeiro partido terá lugar hoxe, venres, ás 16:30 no Pavillón Municipal da Bombonera contra S.A.R. Shopimagen. O segundo e último encontro terá lugar mañán, sábado, ás 12:30 na mesma instalación contra o Veterís Asmubal Meaño.… Seguir lendo >>

Exitosa xornada benxamín e alevín en Carballo

Este pasado Sábado, E. BM. Xiria organizaba a xornada número 9 de BM.5 en categoría alevín e benxamín e facíao no pavillón do CEIP Fogar de Carballo. Os enfrontamentos en categoría alevín saldáronse con vitoria dos bergantiñáns e no duelo de benxamíns entre o OAK English Centre Xiria e o Clínica Dental Pico Blanco, os primeiros conseguiron impoñerse aos seus compañeiros por un axustado 5-3.… Seguir lendo >>

O Teucro derrota a un Goldie mermado de efectivos

O pasado sábado, un Goldie mermado de efectivos debido ás lesións e a situacións laborais, viaxaba a Meaño para enfrontarse ante o Teucro no pavillón Coirón. Non tiveron excesivos problemas as xogadoras pontevedresas ante as baixas das carballesas para impoñerse con comodidade e salvo o primeiros dez minutos, tempo no que as verdinegras mantiveron a igualdade (3-3), as locais mantivéronse sempre por diante no electrónico.… Seguir lendo >>