Archivos de la categoría Xuvenil feminino

Derrota do HVU Xiria no primeiro encontro da tempada

Debut con derrota das nosas xuvenís na fase de clasificación este pasado sábado ante o Calfrima Carballal, un dos favoritos ó título de liga. 

O HVU ateigado de xogadoras cadetes puxo por momentos contra as cordas a un rival con xogadoras de moita máis calidade e con moita máis rotación no banquillo.  A pesar de que o conxunto visitante acadaba unha renda de goles nos primeiros compases do encontro, o Xiria deu a cara ó longo dos 60 minutos amosando moitos recursos en todas as fases de xogo.… Seguir lendo >>

O HVU a piques de acadar a vitoria ante o campión de liga

Chegaba o Balonmán Porriño á pisto do CEIP Fogar para a desputa dos cuartos de final de Copa Sponsor. Sen claro dominador do encontro, o desgaste da tempada víase reflexado en continuos erros dende o comezo no ataque posicional de ambos equipos.  Ningún equipo era capaz de acadar rendas no marcador máis alá dos dous goles e as rápidas accións de contraataque imprimían moito ritmo ó encontro. 

Co empate ó descanso (16-16), grazas a un gol de Marta co tempo cumprido, e todo por decidir na segunda metada, as defensas prácticamente desapareceron na reanudación.… Seguir lendo >>