Catro rapaces pertencentes ás Escolas Balonmán Xiria foron seleccionados para particiapar coas seleccións galegas no Campionato de España de Seleccións que terá lugar en Cataluña entre o 2 e o 7 de xaneiro.
Así Juan Pereira e Mario Cancela, do Garaysa Xiria, en categoría infantil e Juanca Rodríguez e Andrés Vila, do Laber Xiria, en categoría xuvenil partirán na madrugada do 1 de xaneiro cara terras catalanas coa expedición galega que estará comandada por outro carballés, Bruno López vicepresidente da FGBM e Delegado Provincial da FGBM nas provincias da Coruña e Lugo.… Seguir lendo >>
Estaba a ser unha boa xornada para o Laber Xiria, xa que os enfrontamentos que tiveran os equipos situados na parte alta da clasificación, favoreceran os intereses dos de Carballo. Agora quedaba conseguir a vitoria e, desa forma, afastarse dos seus perseguidores e alcanzar na clasificación ao Luceiros, actualmente segundo clasificado.… Seguir lendo >>
Era importante a vitoria do Laber Xiria na cancha do Teucro por varios motivos: volver coller confianza despois de dúas derrotas consecutivas, gañar a un rival directo fóra de casa e non permitir que a parte de arriba da clasificación apértese aínda máis.… Seguir lendo >>
As derrotas do Seis Do Nadal e Laber Xiria nesta xornada, primeiros dous clasificados da División De Honra xuvenil, apertaron a clasificación nos postos máis altos e avecíñanse partidos trepidantes antes do parón do Nadal. O conxunto carballés non estivo á altura do envite na confrontación de hoxe.… Seguir lendo >>
No día de hoxe, dábanse cita no pavillón do barrio de Coia, en Vigo, os dous conxuntos que comandaban a División De Honra xuvenil masculina. Ambos chegaban a esta xornada invictos, aínda que o Laber Xiria situábase no máis alto da clasificación pola súa diferenza de goles.… Seguir lendo >>
Se non fose suficiente coa categoría do rival, o Laber Xiria tivo que superar tamén un cúmulo de adversidades ao longo dos sesenta minutos do partido ante o BM. Cisne de Pontevedra. A descualificación de Andrés Vila no primeiro tempo, a cantidade de minutos xogados cun e dous menos (un total de doce exclusións) e a ansiedade, foron factores que puxeron as cousas moito máis difíciles nun partido, xa de por se, tremendamente complexo.… Seguir lendo >>
Todos aqueles que teñen certa experiencia deportiva, saben e sufriron “sorpresas” na cancha, todos coñecen as múltiples variables que poden incidir nun enfrontamento a priori desigual e por iso, un deportista que se prece como tal, vive con esa íntima desconfianza ante unha confrontación deste talante. … Seguir lendo >>
O Laber Xiria sumou a súa sexta vitoria consecutiva noutras tantas xornadas de liga, esta vez, na sempre difícil pista da Academia Octavio de Vigo. O conxunto de Carballo mostrou a súa superioridade desde o inicio do encontro, pero os excesivos riscos, as perdas de balón e un equipo local ordenado e moi correcto tácticamente, mantiña o pulso e a proximidade nun marcador que reflectía un 11-13 no descanso.… Seguir lendo >>
No Vila de Noia, dábanse cita no día de hoxe o Laber Xiria e o BM.Artabro, no que sería o primeiro derbi da tempada 2016/17. Coma se dun presaxio tratásese, o primeiro balón de partido do que dispuñan os locais, voaba en primeira onda de Antonio a Carlos e leste, só contra o porteiro, estrelaba o lanzamento no pau. … Seguir lendo >>
Ningún antecedente entre os dous equipos, podía presaxiar o que ía suceder o pasado sábado no pavillón Lalín Area. Prevíase un partido rifado, complexo para ambos os conxuntos e sobre todo, igualado, pero nada máis lonxe da realidade. Nin os máis optimistas podían supor a diferenza final que daba os dous puntos ao Laber Xiria. … Seguir lendo >>