Archivos de la categoría Xuvenil Masculino

O Laber Xiria imponse ás adversidades para continuar invicto

Se non fose suficiente coa categoría do rival, o Laber Xiria tivo que superar tamén un cúmulo de adversidades ao longo dos sesenta minutos do partido ante o BM. Cisne de Pontevedra. A descualificación de Andrés Vila no primeiro tempo, a cantidade de minutos xogados cun e dous menos (un total de doce exclusións) e a ansiedade, foron factores que puxeron as cousas moito máis difíciles nun partido, xa de por se, tremendamente complexo.… Seguir lendo >>

O Laber Xiria lidera con paso firme

O Laber Xiria sumou a súa sexta vitoria consecutiva noutras tantas xornadas de liga, esta vez, na sempre difícil pista da Academia Octavio de Vigo. O conxunto de Carballo mostrou a súa superioridade desde o inicio do encontro, pero os excesivos riscos, as perdas de balón e un equipo local ordenado e moi correcto tácticamente, mantiña o pulso e a proximidade nun marcador que reflectía un 11-13 no descanso.… Seguir lendo >>

O Laber Xiria remonta cun menos e leva os dous puntos en xogo

Prevíase un partido igualado e complicado o desta mañá festiva do día do Pilar e así foi. O BM.Porriño non defraudou e demostrou ser un potente rival, con gran sentido do xogo colectivo e rigor táctico. Moito tivo que traballar o Laber Xiria para conseguir saír vitorioso do envite e non foi, até os últimos instantes e da maneira máis épica, cando o obxectivo consumouse.… Seguir lendo >>

O Laber Xiria inicia a competición cunha traballada vitoria

O Laber Xiria xuvenil, recibía no Vila De Noia, na que era a primeira xornada da División de Honra 2016/17, a un conxunto cun alto nivel competitivo e con moitos xogadores interesantes con gran proxección futura. O BM.Carballal, como xa demostrase hai uns meses na fase que daba acceso ao campionato de España, ía ser, a recado, un conxunto moi dificil de bater e así se demostrou, a pesar do avultado resultado final, que para nada acredita o rifado do envite. … Seguir lendo >>