Tres xogadores do equipo xuvenil de Escolas Balonmán Xiria e un do conxunto infantil, foron preseleccionados para participar nos respectivos adestramentos que se levarán a cabo o próximo Domingo 5 de Outubro, cara a competir con Galicia no próximo campionato de España de seleccións a celebrar no mes de Xaneiro.
O infantil Andrés Urbieta, está convocado no pavillón municipal de Chapela ás 17:00h e os xuvenís Damián Rodríguez, Enrique Pena e Iván Campos, no pavillón Príncipe Felipe, en Pontevedra ás 18:00h.
De esquerda a dereita, os xuvenís Damián Rodríguez, Enrique Pena e Iván Campos.
O infantil, Andrés Urbieta.





