Chapela vence a un Grupo Lemaco algo errático(29-21)

Chapela vence a un Grupo Lemaco algo errático(29-21)

O Grupo Lemaco xuvenil caeu na súa visita a Chapela nunha nova xornada da Liga Ouro. As carballesas saíron ó encontro con unha defensa máis aberta, e por momentos lograron dificultar nos primeiros intres os ataques vigueses. Como nota negativa, salientar as perdas de bola en situacións cómodas que levaron ás viguesas a abrir distancia mediada a primeira metade. Moitos erros de situacións claras de lanzamento provocaron que as verdes se fosen quedando no marcador no descanso

Xa na segunda metade, as verdes estiveron máis sólidas que na primeira metade pero non lle deu para acercarse no electrónico e incomodar a victoria viguesa.

A vindeira semana antes do parón navideño, as do Xiria recibirán na casa a un dos equipos máis fortes da categoría, o Bm. Cangas