Comeza a tempada 22/23 nas Escolas Balonman Xiria

Comeza a tempada 22/23 nas Escolas Balonman Xiria

Previa de Escolas Balonman Xiria!!

1ªAutonómica Feminina

Empeza a competición para o ilusionante proxecto do Calvo Xiria na primeira autonómica feminina. A xornada inaugural levará ás xogadoras de Manu López ao pavillón municipal de Lavadores; o sábado ás 19:00 para enfrontarse ao filial do U.b Lavadores Vigo. Todas as xogadoras están dispoñibles para a xornada 1, onde o Calvo Xiria quere empezar con bo pé, coas dificultades que trae sempre o debut ligueiro.

1ª Nacional

O Calvo Xiria poñerá fin aos partidos amigables despois desta fin de semana onde terá unha cita dobre. En primeiro lugar o venres ás 21:00 xogará no pavillón de Tarrío contra o Balonman Culleredo e o sábado ás 19:00 farao como local no Vila de Noia contra Reconquista de Vigo. As dúas últimas probas de carácter competitivo que servirán para seguir probando diferentes rotacións e dar forma ao sistema de xogo.

Categorías Base: Fase de Clasificación

Tamén as categorías base inician as competicións; neste caso os primeiros en facelo son os xuvenís do Laber Xiria. No primeiro tramo da tempada decidiranse os cabezas de serie para os playoff para a clasificación a liga Oro. Un grupo de 3 equipos onde o Laber Xiria tratará de ser primeiro, pero para iso deberá superar ao Valinox Novás e ao Reca Hollywood Seis Do Nadal.

A primeira xornada será no pavillón Vila de Noia este sábado ás 12:00.