Comezo da copa para o Tubasys Xiria

Comezo da copa para o Tubasys Xiria

TUBASYS XIRIA  24-30  BM LINEA21 MI BARRIO

Partido correspondente á segunda xornada da Copa Federación (Grupo 1 Norte), desputado no Pavillón Fogar (Carballo). Partido para aprender no que o equipo Tubasys loitou ata o final, pero non puideron acadar o resultado desexado.

Foi un partido de altibaixos para o equipo local, que non se sentía cómodo coa defensa 5:1 do equipo rival. Por mor disto non acababan de atopar o seu sentimento colectivo defensivo e non eran quen de frear os ataques do Linea21, que demostrou ter moito que dicir e unha envexable linealidade durante todo o partido.

Na próxima xornada, o Tubasys Xiria viaxará ata Culleredo para a terceira xornada da Copa Federación e continuar a súa formación de cara ao vindeiro ano.