Comezo de copa para o Maquisaba Xiria na Coruña

Comezo de copa para o Maquisaba Xiria na Coruña

Bm Línea21 Mi Barrio 31 – 25 Maquisaba Xiria

Partido correspondente á primeira xornada do Grupo 1 Norte da Copa Federación, desputado no Pavillón de Novo Mesoiro (A Coruña). Partido con altibaixos para o Maquisaba que axuda a aprender dos erros.

A primeira parte foi moi regular por parte de ambos equipos, mantiveron un bo nivel durante os 25 minutos, donde deixaron ver o bo traballo de toda a tempada, chegando ao descanso cun 15-15 no marcador.

Tras a volta do descanso, o Maquisaba Xiria tornaba totalmente o seu bo facer en defensas sen intensidade e ataques moi parados, o que condenaría o partido, aínda dándolle a volta a esta situación nos últimos 15 minutos de encontro.

Na próxima xornada o Maquisaba xogará na casa, enfrontarase ao Bm Culleredo, que rematou a Liga Ouro como terceiro clasificado.