As cadetes do Grupo Lemaco B mostraron a súa superioridade ante o ED. Poio no encontro celebrado este pasado domingo no Vila de Noia e onde as carballesas aproveitaron desde o inicio un marcador holgado que lles permitiu levar o encontro de maneira cómoda.
A defensa das locais mostrouse moi firme ante o ataque pontevedrés, o que lles permitiu acadar bastantes goles na contra. As de Zarra estiveron moito máis acertadas no apartado técnico do que as semanas anteriores, baixando o número de imprecisións e favorecendo un xogo máis fluído.
Despois desta victoria, as carballesas disputarán na mañá do sábado o seu próximo encontro no derbi ante o Brigantium, en Novo Mesoiro.


