Cómoda vitoria para o Laber Xiria en Redondela

Sar Redondela 23 – Laber Xiria 35 (10-14)

Un superior Laber non tivo excesivos problemas para conseguir derrotar a Sar, a pesar de lo a categoría non permite relaxacións, e en cada partido hai que amosarse concentrado e con intensidade nas accións.
Comezou o Xiria impoñendo a fortaleza da súa defensa 6:0 ante unha Sar que movía ben o balón pero que atopa dificultades para obter vos lanzamentos, pola súa parte o Xiria facíase co balón en defensa pero precipitábase na contra, o que puido ser un arranque de partido onde sentenciar diferenzas, dou a Sar a oportunidade por veces de engancharse no resultado, 10 a 14 no descanso.
O estar máis acertado na continuidade no ataque e sobre todo a efectividade de cara a gol, aproveitando ben os momentos de partido, deron un plus ao Xiria que marcou distancias nesta segunda metade facéndose co encontro.
Dous puntos e a pensar na visita do líder carballal dentro de dúas semanas, pois a vindeira non haberá xornada.

Sar Redondela 23 (10): Marcos Costa, Diego Docal, Javier Rivas 11, Adrián Alonso, Mario González 4, Sergio Murillo 2, Sergio Solla 2, Iñaki Míguez 1, Pablo Mouriño, Imanol Justel 2, Alvaro Cameselle 1.

Laber Xiria 35 (14): Diego Lema, Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 2, Alex Gómez 10, Dani Mallo 5, Franco Rial 2, Aaron Rodríguez 1, Diego Antelo 2, Toni Calvelo 3, Carlos Varela 2, Pablo Esmorís 3, Fer Mallo 4, Alex Puñal e Esteban Puñal 1.

Arbitraron: Carlos Alonso e Iago Rodríguez