Logo da decepción da derrota da pasada xornada, ante o Seis do Nadal, era un incógnita como afectaría este feito á moral, e por suma, ao xogo dos carballeses. Pero pouco tardaron en demostrar que queren acabar no máis alto posible esta tempada. Viuse dende o inicio no parqué carballés a un equipo moi centrado, de xeito que o Calvo Xiria non permitiu que o Luceros lle complicase a vida na loita polos dous puntos. Sabedores os locais do feito de que o filial do Cangas de Asobal debilítase nos partidos lonxe do Morrazo, non quixo que os cangueses collesen confianza, e dende o asubío inicial impuxo o ritmo do partido en base a defensa e portería. Puideron os verdibrancos correr contraataques cómodos que lle deron as primeiras vantaxes no marcador, que se manterían ao longo de todo o partido. Agás algúns minutos, sobre todo no inicio do segundo tempo, no que se produciu un intercambio de goles, o Calvo Xiria fixo que a diferenza no electrónico aumentase de xeito paulatino, sendo a máxima de catorce a favor, tal e como acabou o partido. Unha boa dose de moral ante o vindeiro partido, ante o líder da categoría, o Cisne.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia ante uns 400 seareiros. Marcador cada cinco minutos: 3-0, 6-3, 9-5, 10-6, 13-7, 18-10, descanso, 22-14, 25-17, 28-17, 30-19, 31-20, 35-21. Colexiados: David Rodríguez Lera do Colexio castelán e Soraya Martínez Abelenda do colexio galego. Excluíron por parte local a: Sergio Facal (11´), Brais Puñal (18´), Javier Rodríguez (23´), Alberto Lema (39´), Jorge Bouzas (40´) e Gonzalo Pombo (48´), mentres por parte visitante a Daniel Gómez (37´, 44´) e José Camiña (41´)
CALVO XIRIA 35 (18 + 17): Alejandro Naya [p], Martín Gómez [p], José L. Fraga [p], Carlos A. Lema (1), Javier Rodríguez, Martín Alfeirán (6), Brais Puñal (6), Manuel Méndez (4), Jorge Bouzas (3), Alejandro Calvete, Pablo Iglesias (4), Sergio Facal (1), Gonzalo Pombo (5), Julián López (1), Mario García de Seárez, Iván Campos (4).
LUCEROS 21 (10+11): Diego Novás [p], Adrián Menduiña (3), Xairo Mariño, Daniel Gómez (4), Abel Abal (1), Iván Soage (4), David Barreiro (1), Javier Rial, Joel Fontenla (2), Daniel Sierra (1), Miguel Trigo (2), Daniel García (1), José Camiña (2).


