Competición para os equipos senior na ponte de Decembro

Só os conxuntos senior de Escolas Balonmán Xiria, o Calvo Xiria de 1ª nacional e o Goldie Xiria de 1ª autonómica, terán competición oficial esta fin de semana, xa que as ligas das diferentes categorías de base toman un respiro debido á ponte de Decembro.

Os mozos do Calvo Xiria, despois de lograr unha importante e convincente vitoria a fin de semana pasada fronte ao Rodosa Chapela, viaxa este Sábado a Vigo para enfrontarse, no pavillón Municipal de As Travesas, ao Academia Octavio. O histórico conxunto olívico pecha a clasificación da categoría e aínda non foi capaz de estrear a súa marcadora de puntos. Este feito non pode influír na concentración do conxunto de Carballo, que deberá de afrontar o encontro coa maior seriedade e atención posibles na busqueda daqueles dous puntos que os manteña invictos e no alto da clasificación. O traballo defensivo e a velocidade na primeira e segunda oledada serán claves unha vez máis, do mesmo xeito que a continuidade do balón no ataque posicional. O Calvo Xiria deberá de axustarse ao seu modelo de xogo e ser disciplinados e rigorosos no táctico, sen permitirse ningunha licenza individual que aparte ao conxunto do aspecto colectivo. O partido dará comezo ás 17:00 h do próximo Sábado.

Pola súa banda, o Goldie Xiria feminino actuará como local no pavillón do CEIP Fogar. Será o mesmo Sábado ás 17:30 h e como rival, recibirán ao Coretti Lalín. As bergantiñás esperan facer da súa casa un feudo inexpugnable e despois de dous encontros rifados fronte ao BM. A Cañiza e BM. Moaña, saben que terán que traballar moi ben en todas as facetas do xogo ante o potente conxunto @dezano que se sitúa tres puntos por baixo do equipo verdinegro.