Competido encontro na derrota do Grupo Lemaco Xiria en Pontevedra

Último partido da tempada para o Grupo Lemaco Xiria, que se enfrontaba ao Cisne a domicilio. O encontro transcorría con moita igualdade, desde os primeiros minutos, os xogadores do Xiria, plasmaron ben o plan de partido e mantiveron a concentración ao longo do encontro.

A defensa 6:0 funcionaba ante un Cisne con gran envergadura. Os locais facían probas e alternaban o sistema defensivo, pero o marcador mantíñase ao descanso 14 a 12.

Ao comezo da segunda metade, o Grupo Lemaco impoñía a súa maior mobilidade defensiva para empatar o encontro, pero unha serie de infortunios na subida ao contraataque non lle permitiron poñerse por diante.

Aproveitaba as exclusións o Cisne para volver establecer unha diferenza de +2. Os últimos 5 minutos, os do Xiria trataron de remontar cun cambio defensivo pero o marcador mantívose igual. Ao final 31 a 28, nun vibrante e emocionante encontro, que serviu e moito, para dar un paso máis na formación.

Incidencias: Partido disputado no pavillón CGTD, Pontevedra, ante uns 100 seareiros de ambos conxuntos. Colexiados: Catarina Adao e Marcos Pérez do colexio galego.

CISNE COLEGIO LOS SAUCES 31 ( 14 + 17 ): Borja Fernández, Carlos Álvarez, David Fernández, Diego López, Enrique Domínguez, Fernando Álvarez, Hugo Pérez, Javier Sierra, Jose Cerqueiro, Manuel Couso, Mario González, Miguel Pérez, Miguel Silva, Nuno González, Rafael Logroño, Daniel Virulegio, Rubén Sequeiros.

GRUPO LEMACO XIRIA 28 ( 12 + 16 ): Darío Calviño [p], Pedro Pena [p], Álex Puñal (3), Fernando Mallo (3), Julián García (2), Martín Fuentes (4), Javier Rodríguez (1), Esteban Puñal (5), Juan Martín Fajardo (4), Antonio Calvelo (4), Pablo Esmoris (2).