LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 8
10/11/2012 CONSLAR OAR CORUÑA 22 – CALVO XIRIA 27
Conslar OAR Coruña 22 (9+13): Casero [p], Couceiro (4), Lozano (3), Alfonso (2), Flavien (3), Xosé (6, 4 de 7 metros), Rey (1) -equipo inicial- Cristian [p], Pedro (2), Dacosta, Fabián (1), Pérez, Tarrío, Yoel.
Calvo Xiria 27 (13+14): Kike [p], Cuco (3), Gonzalo (7), Chimpo (7), Dubra (3), Manuel (3), Jesús (1) -equipo inicial- Iago [p], Martín (1), Sergio (1), Rubén, Álex, Mario, Ramón (1).
Colexiados: Daniel Portela Fernández e Alba Currás Estévez do colexio galego. Excluíron aos locais Flavién (37´), e Fabián (53´), tamén aos xogadores visitantes Cuco ( 17´ e 57´), Gonzalo (28´) e Álex (45´ e 48´). Sinalaron catro sete metros favorables aos locais por ningún ao Calvo.
Marcador: : 2-5, 4-6, 4-8, 5-11, 6-12, 9-13(descanso); 12-16, 13-18, 16-19, 18-21, 20-25, 22-27(final).
7 metros: Conslar OAR Coruña: 4 / 4 ### Calvo Xiria: – / –
Uns 250 seareiros se deron cita no San Francisco Javier, deles preto dun centenar deron folgos aos carballeses ao longo dos 60 minutos.
O duelo de rivalidade provincial da 1ª Estatal xogábase na Coruña no Pavillón San Francisco Javier. Dous equipos, os da provincia, necesitados de puntos para tratar de achegarse a unha zona máis tranquila da táboa clasificatoria. Por unha parte o OAR que recuperaba aos xogadores que tiña lesionados e por outra o Calvo Xiria que segue sen poder contar con a totalidade do seu plantel. Todo facía presaxiar un encontro igualado.
Mais non foi así, o Calvo baseándose na súa defensa e na aportación en portería de Kike foi un muro moi difícil de franquear para os coruñeses, que só nas situacións de superioridade numérica eran capaces de inquedar aos carballeses. Aos doce minutos de xogo o técnico local xa tiña solicitados dous tempos mortos xa que o ataque carballés tiña fluidez e conseguía chegar con éxito até a meta defendida por Casero, pola contra a defensa carballesa, con moitas anticipacións, rompía o encontro. Ao descanso os xogadores do Calvo Xiria levaban unha renda favorable de catro goles cunha moi boa imaxe na pista de xogo.
O segundo tempo foi un calco do primeiro e só as dúas exclusións prácticamente seguidas de Álex daban algunha ilusión aos herculinos que tiveron balón para tentar achegarse a dous goles, pero de novo a faceta defensiva dos carballeses saliu a relucir para frear en seco a acometida local. A pesar das defensas presionantes o Calvo manexou con tino o balón para chegar sempre a situacións cómodas de lanzamento, e só algunhas perdas nos derradeiros tres minutos impediron unha diferenza máis ampla.
O Grupo Covadonga será o próximo rival desta volta no Pavillón Municipal Vila de Noia, o vindeiro sábado ás 18:00 horas.