O Calvo Xiria femenino viaxaba na tarde do domingo a Ourense ca necesidade de sumar os dous puntos na sua loita pola Final Four de maio. E con ese requisito entraron as carballesas no encontro onde a partir da defensa conseguiron por o electrónico cun 1-6 a favor.
Co marcador de cara, as de Zarra entraron nunha dinámica de erros no lanzamento de accións claras que lles fixo padecer dúbidas durante os seguintes minutos(7-7, min. 23). Despois dun tempo morto solicitado polas ourensás, as do Xiria deron un pequeno estirón ata chegar cun 9-12 o descanso.
Na segunda metade o gran despliegue da defensa carballesa mais a excelsa actuación da gardarredes terminaron por finiquitar ás das Burgas que só puideron perforar a portería visitante catro veces no segundo tempo. (13-29, final)
Con esta victoria, a segunda consecutiva, as carballesas aférranse na zona noble aproveitando a derrota dun dos rivais directos, o Bm. Samertolameu. Na vindeira semana recibirán na casa a outro dos rivais e empatados a puntos na clasificación, o Bm. Carballal co que xa empataron na ida en Vigo