Contundente vitoria do Garaysa Xiria

O sábado día 9 disputouse no pavillón Vila de Noia o partido correspondente á xornada 20, que enfrontaba ao Garaysa Xiria e o Bm Tui. O Garaysa  coa necesidade de seguir sumando puntos para non perder oportunidade que rematar a liga na sexta posición.

Logo da derrota na ida e, coa progresión de xogo e de carácter que tivo este equipo, presupoñíase un partido tenso e igualado. O principio do partido marcouse pola igualdade, en todo momento os ataques impoñíanse as defensas. O equipo local, lonxe de mostrar a súa mellor defensa , tiña dificultades para axustar os cambios de opoñente. Con todo, mediada a primeira metade o Garaysa soupo axustar a defensa e con unha maior intensidade de pernas foi quen de recuperar balóns. No ataque unha boa movilidade, unida a o bo xogo das situacións de 2 para 2, fixo que o equipo se puidese ir ao descanso con unha ventaxa de 5 goles.

A volta dos vestiarios o Garaysa mantivo a intensidade defensiva, con maior presión na marcaxe. Este bo nivel defensivo unido ao cansanzo da corta plantilla do Tui fixo que os locais se fosen cada vez máis no marcador. O Tui tentou revertir a situación con unha defensa 6-0, pero os xogadores do Garaysa con maior antropometría conseguiron bos lanzamentos de 9m, o que fixo que a ventaxa se mantivera.

2 puntos moi importantes para o Garaysa, que o próximo sábado se enfronta ao Oar Coruña nun partido que vai a ser clave para os obxetivos dos nosos.

GARAYSA XIRIA 34 (17+17) Alejandro Vázquez (p), Mateo Pallas (p)- Nicolás (3), Pedro Porteiro (1), Samuel Regueira (3), Ángel Viña (3), Samuel Veiga (8), Erik Vázquez (7), Pablo Veiga (4), Xurxo Fraga (4), Alberto Rodríguez (1).

BM TUI 21 (12+9) Hugo Rodríguez (7), Samuel Vaz, Ruben Gómez (2), Lucas Cruces (3), Airon Vázquez, Roque Estevez, Anxo Álvarez (7), Antón Paz, Marcos Piñeiro, Carlos J. Correia (2), Aron Parada, Lois Rodríguez.