Convocatoria Selección Galega – Campionato de España de Seleccións Autonómicas

O extremo Joaquín de las Heras Novo, que compaxina o Calvo Xiria sénior e o Asesoría Sueiro Xiria de categoría xuvenil, foi convocado para disputar coa Selección Galega Xuvenil Masculina o Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se disputará en Granada entre os días 3 e 7 de xaneiro.

Así mesmo a gardameta do Garaysa Xiria Raquel Andrade Lamas estará presente na Copa de España de Seleccións Autonómicas coa Selección Galega Xuvenil Feminina. O torneo disputarase en Granada entre os días 2 e 6 de xaneiro.

Por último, o lateral Iván Amarelle Gesto, que milita no Ifecgás Pereira Xiria, disputará coa Selección Galega o Campionato de España de Seleccións Autonómicas en categoría Cadete Masculina que terá lugar en Vigo entre os días 2 e 8 de xaneiro.