Os xogadores xuvenís Álex Zas, Dani Barreiro, Iago Lavandeira e Antón Añón foron convocados para tomar parte nunha sesión de adestramento da preselección xuvenil o vindeiro domingo, 6 de setembro no Pavillón Mpal. de Chapela. De entre os preseleccionados o adestrador Juan Costas deberá elixir aos xogadores que representen a Galicia no proximo campionato de autonomías que terá lugar a primeiros de ano. Os catro xogadores xa formaron parte da anterior preselección que se levou a cabo no mes de xuño. Álex Zas, que está a facer a pretemporada co equipo sénior do Calvo Xiria, e Dani Barreiro son xuvenís de 2º ano e militaron a pasada campaña no Ifecgás pereira Xiria xuvenil mentres que Iago Lavandeira e Antón Añón son xuvenís de 1º ano e a pasada campaña compaxinaron o Vipecón Xiria cadete co Ifecgás pereira Xiria xuvenil.
Publicado enConvocatorias Seleccións
