Escolas Balonmán Xiria organiza un ano máis e coa colaboración do Concello De Carballo, este evento que edición tras edición atrae á nosa localidade centos de nenos e nenas de temperás idades, acompañados por familiares e técnicos.
Desenvolverase os días 29, 30 e 31 de marzo, nas categorías infantil masculino e feminino, alevín e benxamín, nas instalacións da Zona Escolar e do CEIP Fogar. Participarán, ademais dos equipos das Escolas Balonmán Xiria, Ademar de León, Bm Ribadesella, Bm Rodeiro, Atlético Novás, Bm Lalín, Rasoeiro Bm, Bm Atlántico, Gijón Jovellanos, Bm Camariñas e Academia Octavio.
Unha idea de:
A organización deste evento recae en:
Por suposto temos que agradecer o apoio do CEIP Fogar, CEIP Bergantiños, CEIP Xesús San Luis Romero, IES Monte Neme, IES Alfredo Brañas, CPI Alcalde Xosé Pichel, CEIP Canosa-Rus, empresas e a tod@s aquel@s nais, pais e seareir@s que de forma altruísta axudan na organización e desenvolvemento deste e doutros eventos.