O Calvo Xiria comezou a liga con bo pé ante o seu público; o seu rival a Sar de Redondela, conxunto que seguramente irá de menos a máis na tempada xa que conta con numerosos cambios nas súas filas.
Foi un partido que os carballeses cun xogo rápido e fluído, foron traballando aos poucos ata facerse coa vitoria.
Destacar, o debut de Pablo Veiga, de tan só 16 anos, que ademais anotou o seu primeiro gol na categoría.
O Calvo Xiria ten a próxima cita, con desprazamento a Canarias para medirse ao Bm Ingenio.
Os inicios sempre se antollan difíciles para todos os equipos; pero na tarde de onte, o Calvo Xiria, foi un conxunto sólido e acougado, atopando goles rápidos, cun ritmo de xogo que se decantaba a favor dos carballeses. Que aos poucos ían distanciándose no marcador; pero o ataque visitantes provocou algúns desaxustes defensivos que houbo que emendalos sobre a marcha, con esforzo e entendemento tivo unha adaptación rápida e ao descanso impoñíanse por 17 a 11.
Tras o paso por vestiarios, o Calvo Xiria mellorou as súas prestacións e en 5 minutos establecía a máxima diferecia de 9 goles; a partir de aí os dous equipos seguiron cada un facendo o seu partido e loitando cada acción; pero o Calvo Xiria non deixaba achegarse aos de Redondela.
Así a falta de 6 minutos e a mesma diferenza de 9 goles, o choque estaba sentenciado. Os minutos finais foron de goce da afección que son unha parte moi importante do equipo; que necesita sentilos máis preto.
Calvo Xiria 32 –Sar Plastic Omnium 26
Calvo Xiria (17+16): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Aaron Rodríguez (1), Esteban Puñal (1), Gabriel Castiñeiras (1), Hugo Rodríguez (2), Diego Vega (6), Pablo Veiga (1), Manuel Méndez (1), Alejandro Gómez (6), Jorge Bouzas, Mario Cancela (3), Martín Fuentes (7), Julián García (3).
Sar Plastic Omnium (11+15): Pablo Sánchez (p), Manuel Piñeiro (2), Celso Alonso, Manuel Pérez, Francisco Javier Vidal (1), Ricardo Domínguez (1), Gabriel Pazos (3), Lucas Bouzón (4), Gabriel Martínez (2), José Alberto Carballido (6), Lois Lago (6), Daniel Pereira, Manuel Dorna.
Parciales cada 5 minutos: 4-2, 6-4, 9-7, 11-8, 14-9, 17-11, (descanso), 21-13, 21-15, 23-16, 27-18, 30-21, 32-26.
Árbitros: Julio Villanueva e Pablo Torreiro do colexio galego.
Incidencias: Partido correspondente a 1ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).