12/03/2005 19ª XORNADA
DEP. CIMÁNS O.A.R.: Roberto, Carlos (7), Javier, Daniel, Alexandre (2), Sergio (1), Dani (3), Jorge (1), Yoel (4), Antonio, Luís (8), Fernando.
IFECGAS PEREIRA XIRIA: Guillín, Miguel, Iago, Ramón, Díaz (1), Puente, Joaquín (10), Manuel (2), Jesús (5), Norberto (2), Óscar (4), Eloy (4).
Nefasta actuación do Ifecgás Pereira Xiria. Xa o viñamos anunciando en anteriores partidos desta segunda volta, o cadro carballés non está a dar o mesmo nivel que na primeira metade da liga e os entrenos tampouco están a ter a concentración e intensidade que merecen. A defensa dos de Fernando Vázquez fai augas, errase no un contra un, non hai actitude nin intensidade, non hai basculación e as axudas non chegan. Se a isto engadimos que o equipo está moi impreciso e espeso no ataque, tanto posicional coma no contragolpe, chegamos á conclusión de que moito terán que cambia-las cousas para que o equipo teña un importante papel na fase final do sector galego. O único que se salva da queima neste encontro é o gardameta Guillín que en canto saíu a xogar efectuou catro salientables paradas que impediron que os coruñeses se puxeran por diante no marcador.
Os colexiados Manuel Saavedra e Nicolás Martínez non tiveron un bo día.