04/03/2004 13ª XORNADA
DEPORTES CIMANS O.A.R “A”: Carlos(5), Nicolás(4), Víctor, Jesús(4), Adrián(3), Antonio, Alberto(3), Víctor, Luis(1) , David, Héctor, Javier(2), Alejandro(2).
IFECGAS PEREIRA XIRIA: Rodrigo(5), Cristophe(3), Rubén, Anxo(2), Aitor(2), Iván, Javier(5), Iago, Alejandro(5).
Primeira derrota do Ifecgas Pereira Xiria na presente tempada ante un rival que foi superior ó longo do encontro.
Os primeiros minutos do encontro foron de tanteo, cos dous equipos mais centrados en tarefas ofensivas. A partir do minuto 15 da primeira metade o equipo herculino conseguiu consolidar a súa defensa o que aproveitou para fuxir no marcador con rendas que oscilaban entre os tres e os cinco goles. Por outro lado o equipo carballés non estivo ó seu nivel habitual en defensa, xa que non foron quen de parar a un equipo que só tiña como argumento ofensivo o un contra un. Así chegouse ó descanso co resultado de 14- 9 a favor dos coruñeses.
Na segunda metade cambiou un pouco o panorama. O Ifecgas Pereira Xiria apertou os dentes en defensa e o O.A.R xa non era capaz de marcar goles con tanta facilidade. A pesar de que se recuperaban bastantes balóns a precipitación fixo que os xogadores carballeses cometeran erros sobre todo á hora de subi-lo contraataque o que lle daba ó O.A.R opcións de seguir atacando. Só cando se serenaron un pouco foi cando se viu o verdadeiro potencial deste equipo. Os ataques pasaron a ser máis longos, o que permitía abrir espacios na defensa herculina e seleccionar mellor os lanzamentos. Así pasouse dun 23- 18 a falta de 7 minutos ó 24- 22 final. A pesar da derrota o equipo carballés consegue manter a primeira posición, xa que no partido da primeira volta gañaron por 23- 20.
A destacar o gran ambiente nas gradas do pavillón San Francisco Javier, no que se deron cita arredor de 150 persoas para presenciar un partido de categoría cadete.