Dep. Cimans O.A.R. «A» 37 – GARAYSA XIRIA 19

26/01/2004 8ª XORNADA

DEP. CIMANS O.A.R. «A»: Varela, Garuin(6), González, Erias(3), Peret(7), Catoira(4), Pardo, Moreno(4), Bouza(3), Viña, Esteban, Lameiro(4).

GARAYSA XIRIA: Guillín, Norberto, Diego Díaz, Jesús (2), Joaquín (13), Eloy (4), Niko, Óscar, Marcos, Martín.

Terceira derrota do Garaysa Xiria na presente tempada perante o segundo clasificado. A derrota veu determinada pola mala defensa do conxunto carballés que non soubo frear o xogo ofensivo do OAR baseado case exclusivamente en darlle balóns ó seu pivote.

O resultado final foi demasiado avultado para os méritos amosados polos coruñeses, xa que a diferencia entre os dou conxuntos non son tan grandes.

Hai que destacar ademais a desastrosa actuación dos colexiados, que a medida que ían pasando os minutos pitaban cousas mais estrañas, pero sempre a favor dos locais o que motivou que os homes de Fernando Vázquez se fosen descentrando a medida que pasaba o tempo. Nunha parte da cancha pasaba de todo e na outra nada, incluso os delegados oaristas no descanso xa insinuaron que non le ían a protestar ó colexiado.

O colexido Sr. Pérez tivo unha calamitosa actuación.