Derbi provincial no Vila de Noia

Derbi provincial no Vila de Noia

Este sábado no Vila de Noia, ás 18:00, vivirase o derradeiro derbi provincial da tempada para o Calvo Xiria e no que de imporse a lóxica debería de levarse os dous puntos, xa que se enfronta a un Ártabro que transita pola parte baixa da táboa clasificatoria. Os dous equipos xóganse moito no envite, os visitantes moi necesitados de puntos para salvar a categoría, e os locais inmersos na loita pola segunda praza non poden permitirse máis erros no que queda de tempada. O conxunto carballés tirará das súas mellores armas para facerse co partido, apuntalando a súa defensa para permitir transicións rápidas. Brais e Pablo con molestias son dúbidas na convocatoria do Xiria, mentres Rubén e Alberto xa están descartados.

En canto remate o partido da 1ª Estatal, entrará en xogo o Goldie Xiria que a partir das 20:00 medirase ao Pabellón Ourense. Tras a derrota da semana pasada o Goldie non pode fallar ante as ourensás, para elo deberá aumentar a súa efectividade de cara a gol e darlle moita velocidade ao balón na saídas ao contraataque e na circulación do balón. Non estarán no encontro Marta Regueira, Tamara Pombo, Sara Pombo e Raquel Gómez, polo que será unha boa oportunidade para as que habitualmente dispoñen de menos minutos.

Viaxe a Redondela dos equipos de DH para disputar unha xornada vital para cumprir cos seus obxectivos, será na Bombonera dende as 10:00. O Garaysa Xiria xógase nesta recta final de liga as súas opcións de manter a categoría. O primeiro encontro, e quizás o máis complicado pola condición de visitante, será o desta fin de semana contra a SAR. Os carballeses tentarán sumar unha nova vitoria que lles permita afrontar a xornada contra o Bm Tui con maior tranquilidade. O Grupo Lemaco Xiria tentará impoñerse o seu rival e deste xeito recuperar a quinta praza da táboa clasificatoria. Os xuvenís afrontan unha nova final na loita pola segunda praza final.

E nas categorías territoriais tamén haberá partidos. Marmolería Jose Rey de infantil territorial enfróntase, tamén coma visitante, ao Bm. Arteixo. O encontro será o Sábado ás 12:30 no Pavillón Oseiro (Arteixo). Os carballeses tentarán recuperar a senda da vitoria logo de perder contra o Ribadosar a pasada fin de semana. Xornada importante para os equipos benxamíns do Laber Xiria, Grupo Lemaco Xiria e Oak English Centre Xiria, xa que entrar no tramo final da primeira fase da liga.
Tamén haberá tempo para os amigables, as rapazas alevíns do Punta del Este Xiria xogarán co Bm. Camariñas no Pavillón do CEIP Fogar a partir das 11:45 e a continuación os repetirase duelo na categoría masculina.