O Calvo Xiria disputará este fin de semana o último partido da liga 2017/18. O encontro, que se celebrará no Vila De Noia ás 19:00 h do Sábado, pechará unha excelente tempada dos carballeses e dará paso á conta atrás para a disputa dunha nova fase de ascenso a DHP.
Despois da derrota cultivada o pasado fin de semana ante o primeiro clasificado, o Calvo Xiria desexa pechar a competición de liga cunha vitoria ante o seu público e para iso deberá de superar as case seguras baixas de Carlos e Chimpo, convalecentes aínda das súas lesións na boneca e o xemelgo respectivamente.
O Luceros de Cangas será un equipo difícil de bater, sempre serio e cun cadro de persoal de xente nova, aúna a ilusión, competitividade e saber facer dunha das grandes canteiras galegas e o Calvo Xiria deberá de completar un encontro onde a concentración e o bo xogo colectivo destaquen durante os sesenta minutos para que os dous puntos queden en Carballo.
Antes, ás 17:00 h, as mozas do Goldie mediranse ao Atl. Guardés polo terceiro e cuarto posto da fase final. As carballesas desexan repetir o bo partido do pasado fin de semana fronte ao BM. Culleredo e facerse con ese terceiro posto.
Os equipos de División De Honra, teñen un fin de semana de emocións fortes. O Laber Xiria xuvenil e o Garaysa Infantil, pódense unir ao Grupo Lemaco Cadete, xa clasificado para a fase final de Copa. Mentres ao Laber bástalle con superar ao Teucro o vindeiro domingo (Vila De Noia 12:45 h), o Garaysa deberá de vencer o Sábado aos veciños de Culleredo (11:30 h pavillón de Almeiras) e o Domingo, aos pontevedreses do Teucro (10:00 h Vila De Noia). O Grupo Lemaco, pola súa banda, tamén tentará referendar ese bo papel en Copa impoñendose ao Teucro o Domingo ás 11:15 no Vila De Noia.
Noutro novo derbi, os cadetes do Hierros Varela Urbieta enfrontaranse o Sábado ao BM. Culleredo Técnicos 115 (Pavillón Almeiras 13:00 h), nun encontro que esta tempada xa deparou emocións fortes e un marcado espírito competitivo por parte de ambos os conxuntos.
En 2ª División Infantil, os nenos do Marmolería J. Rey desprázanse o Sábado ata Novo Mesoiro para enfrontarse ao Línea 21ás 12:30h, mentres as nenas do Garaysa farano o Domingo ás 10:30 h no pavillón de Galán- Oseiro (Arteixo) fronte ao Parrillada La Ronda R. C. Arteixo e as de Punta del Este, xa como locais, o Sábado no pavillón Carballo Calero ás 10:30, recibindo a un BM. Encaixe Camariñas que sempre lle pon as cousas moi difíciles.
En BM7, os alevíns do equipo Metalúrgica BB Xiria A, xogarán o Domingo contra o OAR (Pavillón San Francisco Javier 12:00 h), o partido aprazado da semana pasada, co obxectivo de esquecer derrota fronte ao BM. Atlántico do pasado Domingo e volver á senda da vitoria.
Por último y ya en la competición de BM5, donde los conjuntos de Xiria ocupan los primeros puestos de la clasificación, los encuentros que tendrán como sede el pabellón del CEIP Fogar de Carballo, son estos:
Copa Alevín mixta Bm5, x.12
– Grupo Lemaco Xiria – Ribadosar Alca Épsilon
Sábado 05/05, 12:00, pav. Ceip Fogar, Carballo
– Telepizza Carballo Xiria – Bm Camariñas A
Sábado 05/05, 10:00, pav. Ceip Fogar, Carballo
– Laber Xiria – LK Xiria
Sábado 05/05, 12:40, pav. Ceip Fogar, Carballo
Copa Benxamín mixta Bm5, x.12
– Oak English Xiria – Ribadosar Alca
Sábado 05/05, 11:20, pav. Ceip Fogar, Carballo
– Bm Camariñas A – Clínica Dental Pico Blanco Xiria
Sábado 05/05, 12:00, pav. Ceip Fogar, Carballo