O Grupo Lemaco cadete continúa cos problemas para sumar puntos, despois de caer ante o líder, o Bm. Caselas.
O inicio carballés foi fulgurante, cun 4-0 de parcial, que obligou ó técnico visitante a parar o choque. Esto serviu para que as pontevedresas entrasen no partido ata equilibrar o choque. Un Caselas máis físico non conseguía cortar as progresións dun Xiria que non se mostrou nada atinado desde as zonas exteriores, permitindo que as de Richi marcharan ós vestuarios con cinco de diferencia(12-17). No segundo tempo ese dominio das laranxas foi crecendo, aproveitando os erros locais e cunha defensa carballesa por debaixo da mostrada na metade anterior.
As carballesas xogarán o derbi contra Culleredo este vindeiro xoves no Vila de Noia


