Derrota axustada do Grupo Lemaco B para finalizar unha tempada pelexada ata o final

Despois dunha tempada con numerosas vitorias cómodas e derrotas axustadas contra os rivais fortes da competición, o grupo cadete do Xiria viaxaba o domingo a Santa Comba para enfrontarse novamente ó Xallas.

O Grupo Lemaco B tivo comezo do partido excelente coa axuda da solidez defensiva, pero no ecuador da primera metade as locais comezaron a atopar a liña de seis metros, que sumado ós erros de lanzamento propulsaron ó Xallas, retomando os mandos do partido nos compases finais (10-9).

Nunha segunda metade moi boa o Xiria renovou os folgos e comezou a remontar o encontro, pero varios novos erros de lanzamento e pedas de balón fixeron imposible alcanzar ás locais nun partido ben pelexado en defensa e con imprecisións en ataque, pechando unha tempada para estar orgullosas con outro partido sufrido (23-19).