Derrota contundente do Hierros Varela Urbieta ante o lider

O Hierros Varela Urbieta, volveu a pecar de irregular ao longo dos sesenta minutos no seu enfrontamento ante ao Gráficas Lasa Carballal, alternando bos momentos, con Anna María facendo moito dano no lateral esquerdo, con erros de vulto que entregaban en bandexa situacións claras de gol ao seu rival.

O potencial e a intensidade das olívicas, non desaproveitaba os erros das de Xiria e castigaba sen paliativos a portería bergantiñá. Os momentos de debilidade e a falta dunha actitude máis forte nestes instantes, acababan por condenar ao Hierros Varela Urbieta que presentaba escasa resistencia. O encontro estaba finiquitado tras o primeiros trinta minutos (22-10), onde as locais demostraron o porque do seu liderado.

Sen máis historia, aínda que cun arreón de orgullo e dignidade por parte das carballesas nos últimos dez minutos de partido (6-8), chegaríase ao fin duns sesenta minutos que deben de servir ás nenas de Hierros Varela Urbieta para crecer e mellorar en canto á súa actitude competitiva.

Gráficas Lasa Carballal. BM: 50 (22+28) – Hierros Varela Urbieta Xiria. 21 (10+11).

Polo Hierros Varela Urbieta xogaron: Lucía Lema (p), Helena Collazo (p), Natalia Cancela, Lucía España (2), Valeria Figueroa, Marta Gómez (5), Anna Mª Hernández (7), María Patiño (2), Nina Pereira (1), Nerea Varela, Uxía Suárez, Stefanía Landri, Nerea Pose, Alba García (2), Coral Ruibal.

Parciais cada 5´: 5-1/ 7-6/ 12-7/ 17-8/ 20-10/ 22-10/ Descanso / 27-11/ 31-11/ 38-12/ 44-13/ 46-19/ 50-21.

Incidencias: 9ª xornada da División De Honra en categoría feminina cadete. Partido celebrado na mañán do Sábado pasado no pavillón O Coirón en Carballal (Vigo) ante cincoenta siareiros, algúns deles desprazados dende Carballo.