Derrota Contundente do Seguros Sueiro no Primeiro Enfrontamento da Tempada

O Porriño partía como favorito tras derrotar o Tui a domicilio, mentres que o Xiria aínda non tivera oportunidade de probarse en competición.

Xa no comezo do partido as locais acadaban con facilidade o 7-0 mentres que o Xiria non era incapaz de transformar as situacións máis sinxelas, inluindo os lanzamentos de sete metros. A defensa 6:0 moi física limitaba o xa mermado ataque carballés, que encadenaba perdas de balón unha tras outra por erros técnicos, sen posibilidades de armar un ataque organizado.

Unha chamada á calma por parte do banco alargou o tempo dos ataques, permitindo unha ofensiva mellor organizada e reducindo as perdas no medio campo que estaba explotando o Porriño con goles sinxelos.

Malia que o Seguros Sueiro seguía sen lograr perforar a portería pontevedresa a defensa posicional resultou bastante efectiva, lastrando o ritmo frenético de goles que o Porriño conseguira mediante contraataques. No descanso o resultado do encontro xa estaba marcado (16-4).

Na volta á pista e sen nada que perder, o Seguros Sueiro xogou moito máis tranquilo e coas ideas claras. As locais, a pesar da súa gran capacidade ofensiva, eran incapaces de chegar a unha situación clara de lanzamento debido a anticipación defensiva que lograba roubar balóns e armar contraataque. Aínda así, o ben facer defensivo veuse unha vez máis apantallado pola incapacidade ofensiva de transformar os goles de contraataque 1×0 ante porteira.

Pouco a pouco o Porriño volveu a impoñerse con contraataques claros a partir das perdas de balón e volveu a medrar a diferenza do electrónico nun partido que deixaba una sensación agridulce na boca do Seguros Sueiro, xa que a boa defensa posicional iba en consonancia coa baixa capacidade ofensiva amosada no encontro.

A derrota contundente (29-10) obriga a gañar ó Seguros Sueiro no seguinte e derradeiro partido da Fase de Clasificación ante o Tui se quere acadar a segunda praza de cara o Play-Off.