Na mañá de hoxe as nenas do Gestagua desprazáronse o pabillón de Traba para disputar a última xornada de balonmán 7 deste ano 2019.
Un partido asequible para as carballesas se amosaran a intensidade a que nos teñen acostumbrados ante un equipo co mesmo nivel cas nosas.
Sairon xa dende un comezo despistadas, sin ubicarse no campo e cas ideas nada claras tanto en que facer no ataque como en defensa. Paradas, de novo abusaban do bote, sin ideas e con lanzamentos por riba da defensa rival facía que os de Santa Comba aprobeitasen todos os erros das nosas para golear. Na defensa non eran capaces de anticiparse como o soen facer, e o estar paradas non eran capaces de frenar a velocidade dos nenos do balonmán Xallas. Foi a tónica dos catro cuartos, non foron capaces de mudar a actitude, actitude que lles valdría para pelexar máis o partido e incluso acadar a primeira victoria nesta competición.
Só as paradas de Noa Quintela e Noa Millán permitiron que o resultado non fose máis abultado.
Mal partido que non demostra a evolución de cada unha das nenas nesta nova modalidade para todas elas.
Agora só queda aprender dos erros para comezar o ano cas ganas e ca garra que nos ofrecen na maioría dos partidos esta tempada.
Balonmán Xallas Fc-Gestagua Xiria Femenino: 102-04
1er cuarto: 03-02
2o cuarto: 06-02
3er cuarto: 03-02
4o cuarto: 04-03
Carla, Clara, Julia, Sofía (4), Xulia, Noa Quintela (1), Andrea (1), Sam (1) e Mencía (1).

