Derrota do Grupo Lemaco Xiria en Carballo

Derrota do Grupo Lemaco Xiria en Carballo

O Grupo Lemaco Xiria, sumou a súa segunda derrota consecutiva, está vez en casa e contra un dos favoritos ao título, o Seis Do Nadal de Vigo. Non comezou mal en defensa o conxunto carballés, pero todo o que conseguía na súa retagarda, desperdiciábao en ataque, faiando varios lanzamentos dende o seis metros neses primeiros compases. Os olívicos, aproveitaban o desacerto do seu rival e adiantábanse cun parcial de 0-5 nos dez primeiros minutos. Tras un tempo morto solicitado polo adestrador local, os verdibrancos saíron á pista con novos folgos e conseguían un 4-1 de parcial en apenas 5´, apertando o marcador ata ese 4-6 que se reflectía no paso polo minuto quince. Pero os visitantes, reaccionaron de forma inmellorable e despregaron o seu mellor balonmán a partir deste minuto, mostrandose moi superiores ata o final e con vantaxes que continuaron aumentando ata o descanso (9-21).

Na segunda parte e co partido moi costa arriba para os intereses locais, os olívicos controlaron o ritmo e apoiáronse na súa maior fortaleza defensiva para pechar os espazos e saír ao contragolpe tras recuperación de balón. Os de Xiria, que estiveron máis combativos e intensos neste tempo, non chegaron a pór en aprietos ao seu rival de hoxe que se leva os dous puntos con total xustiza.

O próximo fin de semana, o Grupo Lemaco voltará a xogar na casa, esta vez contra a SAR de Redondela, equipo que se situa un posto por encima dos carballeses cos mesmos puntos que estes.

Grupo Lemaco Xiria: 22 (9+13). Manuel Souto, Carlos Vilanova (6), Fran Rey (3), Andrés Vila (3), Andy Rey (1), Antón Traba, Juan Carlos Rodríguez (6)-equipo inicial- Mario Lema, Samuel Castiñeiras, José Varela, Pablo Cambón, Ronaldo Durán (1), Roi Alfeirán (2), Daniel Esmorís, Sergio Pombo, Manuel Sánchez.

Seis Do Nadal: 41 (21+20). Rubén, Gayo (12), Leiras (8), Yago (3), José (3), Martín (4), Antonio (3)-Equipo inicial-Samuel (3), Simón (2), Angel (1), Dani (1), Andrés (1), Victor.

Resultado cada 5´: 0-3, 0-5, 4-6, 5-10, 7-16, 9-21-Descanso-11-23, 12-27, 14-30, 18-31, 20-35, 22-41.

Árbitros: Martín Rial e Alfredo Balado. Non influiron no resultado final. Excluiron con dous minutos a Antón Traba e Juan Carlos Rodríguez (2) polos locais e a Gayo e Martín polos visitantes.

Incidencias: Partido da novena xornada da División de Honra en categoría cadete, disputado no Vila de Noia de Carballo ante a presenza de setenta espectadores.

Foto do noso equipo co seu patrocinador (Grupo Lemaco):

23112014-_MG_2564

 

Clasificación 9ª xornada:

jornada 9 CAD