O Garaysa Xiria A cae ante o Reconquista de Vigo nun partido onde as pérdidas de balón e o pouco contacto defensivo foron a clave para non conseguir a vitoria.
Reconquista de Vigo 32 – Garaysa Xiria A 30
Garaysa Xiria: Iker Lema, Andrés Gómez, Desale López, Ivan Rey, Gonzalo García, Quintín Insua, Rodrigo Rama, Lucas Radio, Sergio Pérez, Brais Sánchez, Dani Pan e Hugo Rama.
Incidencias: Partido correspondente á 15ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón de As Travesas (Vigo).
Comezaba o choque nas Travesas cun Reconquista, que a pesares de ir abaixo na táboa, moi forte en ataque e cun Garaysa moi dubitativo á hora das axudas defensivas e con moita precipitación en ataque. A primeira metade avanzaba, o encontro non cambiaba e chegábase ao descanso cun 19-17 a favor dos vigueses.
O primeiro tramo da segunda metade foi para os da casa, onde grazas ao seu poderío físico conseguían porse con 6 goles de vantaxe e obrigaban aos carballeses a parar o encontro. Dende ahí, o Garaysa intentouno cambiando a defensa e facendo presión a todo o campo, pero non sería suficiente para conseguir a remontada.
O Garaysa Xiria está 6º clasificado a falta de 3 xornadas e alónxase da zona alta da liga.