Derrota do Garaysa A nun gran partido

Moi bo partido do Garaysa nun choque que foi igualado de principio a fin e que se decidiu nos últimos 2 minutos.

Garaysa Xiria 32 – Balonmán Culleredo 36

Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Desale López, Unai Cotelo, Iker Lema, Lucas Fajardo, Héctor Dubra, Ivan Rey, Hugo Rama, Saúl Fuentefría.

Incidencias:  Partido correspondente á 5ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Vila de Noia (Carballo)

O partido comezou cun ritmo moi alto, con rápidas transicións de ambos os dous equipos. A primeira metade estaba sendo moi igualada, onde os ataques sen impoñían ás defensas. Nos minutos fináis o Garaysa baixou algo o nivel e chegábase ao descanso con 3 goles abaixo.

Os primeiros minutos da segunda metade foron dun gran balonmán para os de Carballo, que lle daban a volta ao marcador e conseguían colocarse 3 goles arriba durante varios minutos. Chegados ao final, e co partido empatado, os visitantes apretaron e conseguíron levarse a vitoria nun partido que puido caer para calquera equipo.

A próxima fin de semana o Garaysa viaxa a Vigo para enfrontarse a un invicto Carballal.