Derrota do Garaysa ‘A’ tras unha mala segunda metade

O Garaysa Xiria cae en Pontevedra ante un Cisne que foi superior na segunda metade.

Cisne Colegio Los Sauces 35 – Garaysa Xiria A 28

Garaysa Xiria: Andrés Gómez, Román Pérez, Gonzalo García (7), Quintín Insua (3), Rodrigo Rama, Lucas Radio (8), Brais Sánchez, Roi Pérez (1), Héctor Castro (2), Gael Romero (3), Sergio Pérez (3) e Marco Núñez (1).

Incidencias:  Partido correspondente á 11ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Multiusos A Xunqueira (Pontevedra).

Chegaba a 11ª xornada da Liga Ouro infantil masculina e facíao coa volta do público aos pavillóns galegos. O rival, un Cisne que viña como 3º clasificado con 16 puntos, polos 18 que tiña o Garaysa Xiria (2º clasificado).

O choque comezaba con moita intensidade defensiva por parte dos dous equipos, onde as defensas eran as protagonistas. O encontro avanzaba e a falta de 5 minutos para o final da primeira metade, o Garaysa conseguía porse 3 goles arriba e obrigaba ao Cisne a parar o encontro (8-11), pero un arreón final dos locáis poñía as tablas ao descanso (13-13).

A segunda metade foi totalmente local, onde os carballeses non se encontraron en ningún momento e non souberon descifrar a defensa 6:0 cerrada dos visitantes. Nos últimos minutos, o Garaysa intentaría unha defensa individual a todo o campo, pero o cansancio fixo que o Cisne collera aínda máis vantaxe no marcador e se chegase ao final cun 35-28.

A vindeira semana, o Garaysa Xiria A recibe ao líder invicto da categoría, o Balonmán Luceros.