Derrota do Garaysa ante o Lalín

Garaysa Xiria 22 – Upi Informática Lalín 23 (14-12)

Agardábase máxima igualdade no partido que disputaron o Garaysa Xiria e o Balonmán Lalín, primeiro e segundo clasificado da División de Honra Infantil Masculino, e así foi, o Lalín levouse a vitoria por un gol.
Saíu moi centrado o Garaysa, coñecedor do potencial do seu rival, non escatimou en darlle velocidade e ritmo ao xogo, a maior corpulencia dos dezanos obrigaba a unha defensa de anticipación e axuda. Tomou vantaxe o equipo carballés no descanso 14 a 12.
Na segunda metade cada acción contaba, a igualdade foi ata o pitido final onde o Xiria marcaba o empate fora de tempo e a vitoria era acadada po un Lalín máis acertado de cara a gol ante un Garaysa que fallou varios lanzamentos na recta final

Garaysa Xiria 22 (14): Dani Bello (porteiro), Hugo García, Manuel Pérez 1, Pablo Suárez, Xurxo Fraga 5, Marcos Amarelle 1, Miguel cambón, Manuel Rey, Erik Vázquez 4 e Pablo Veiga 11

Upi Informática Lalín 23 (12): Alejo Varela 2, Sergio Munín 7, Pablo Pérez, Pablo López 5, Jaime Conde, David Fuentes, Miguel Ayer, Gabriel Castro, Juan Villar 1 e Xosé Cuiña 8
Arbitrou: Pablo Torreiro