Gran primeira metade do Garaysa, que conseguiu poñer contra as cordas a un dos favoritos para gañar a Liga Ouro.
Vayro Lalín 31 – Garaysa Xiria 23
Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Desale López, Unai Cotelo, Iker Lema, Lucas Fajardo, Héctor Dubra, Ivan Rey, Hugo Rama, Saúl Fuentefría.
Incidencias: Partido correspondente á 10ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Lalín Arena (Lalín)
O Garaysa arrancaba o partido moi contudente dende atrás, cunha defensa 5:1 que probaba por primeira vez na tempada, e na que os rapaces de Carballo se estaban sentindo moi cómodos, contactando e axudando e con rápidas contras. A primeira metade avanzaba e os locais metíanlle unha marcha máis ó encontro e conseguían irse ao descanso 12-10 a favor.
O mal incio da segunda metade por parte dos carballeses fixo que os de Lalín se foran no marcador, aínda que o Garaysa non se daría por vencido e conseguiría volver a porse a 3-4 goles nos minutos finais, aínda que outro arreón final dos lalinenses puxo o 31-23 no marcador.
A próxima fin de semana o Garaysa xogará en Carballo fronte o Abegondo.