Derrota do Garaysa ‘C’ a pesares da boa segunda metade

Derrota do Garaysa ‘C’ a pesares da boa segunda metade

O Garaysa Xiria C realiza un gran encontro pero cae derrotado debido ás imprecisións da primeira metade.

Garaysa Xiria C 25 – Cb Atlántico 35

Garaysa Xiria: Héctor Viña, Robert Cereijo, Héctor Antelo, Guille Corbo, Aaron Cotelo, Mateo Cotelo, David García, Dilan García, Yago Gerpe, Pablo Gonzalez e Mateo Viña.

Incidencias:  Partido correspondente á 7ª xornada da Liga Prata infantil masculina disputado no Pavillón Vila de Noia (Carballo).

O encontro non arrancaba ben para os de Carballo, que saían ao campo moi presionados e realizando ataques moi rápidos e pouco elaborados. O partido avanzaba, e os visitantes conseguiron aproveitar esas dúbidas dos de Carballo para coller unha ampla vantaxe de 10 goles, coa que se chegaba ao descanso.

A segunda metade foi totalmente distanta, e xa con menos presión, o Garaysa C conseguiu encontrar ocos en ataque e realizou unha defensa máis intensa e colaborativa. A pesares da boa segunda metade, os visitantes mantiveron a vantaxe dos 10 goles e leváronse os dous puntos.

A vindeira semana hai parón debido á ponte da constitución e o Garaysa C volverá á competición o 14 de decembro.