Derrota do Garaysa en Carballal

O Garaysa Xiria non puido cun Carballal que foi superior durante todo o partido, e chega á última xornada coa obligación de gañar para optar á segunda praza.

Carballal Balonmán 32 – Garaysa Xiria 22

Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Desale López, Unai Cotelo, Iker Lema, Lucas Fajardo, Jorge Nielsen, Dani Pan, Álvaro Cotelo, Héctor Dubra, Ivan Rey, Saúl Fuentefría.

Incidencias:  Partido correspondente á 2ª xornada da Fase de Clasificación infantil masculina disputado no Pavillón O Loureiro (Carballal)

O partido comezaba moi igualado onde os ataques eran os protagonistas nos primeiros minutos. A primeira metade avanzaba e o equipo local que lle conseguia dar unha marcha máis ao encontro colocábase con 5 goles de vantaxe.

O inicio da segunda metade decantou o partido para os da casa, que cun parcial de 5-0 poñíanse con 10 goles de vantaxe, e aínda que o Garaysa nos minutos finais volvía porse a 6 goles, un arreón final volvía a poñer os 10 goles de vantaxe e o 32-22 final.

A próxima fin de semana non haberá xornada para o Garaysa Xiria que retomará a competición o 1 de outubro fronte o Rodeiro.