O Garaysa B non pode conseguir a vitoria ante un Tui que soubo xestionar moi ben a vantaxe conseguida na primeira metade (7-13).
Garaysa Xiria B 26 – Balonmán Tui 30
Garaysa Xiria: Román Pérez, Pablo Seoane, Manuel P. Mira, Diego Varela, Héctor Castro Manuel P. Fieira, Dani Valencia, Pablo Martínez, Iker Martínez e Antón Cortés.
Incidencias: Partido correspondente á 2ª xornada da 2ª Fase da Liga Prata infantil masculina disputado no Pavillón Vila de Noia (Carballo).
O encontro arrincaba igualado nos primeiros minutos, cun Balonmán Tui que se sentía superior e que se estaba encontrando moi cómodo atrás. Chegados ao ecuador, os de Carballo desapareceron do encontro, e a precipitación e as continuas perdas de balón fixo que os visitantes se foran ao descanso con 6 goles de vantaxe.
O inicio da segunda metade parecía que iba seguir coa mesma tónica, xa que os visitantes conseguían coller vantaxe de ata 8 goles, e parecía que iba ir a máis. Pero dende ahí, o encontro cambiou, e os de Carballo subiron a intensidade defensiva e a falta de 5 minutos poñíanse a 4 goles. Nos últimos minutos, o Tui soubo xestionar ben a presión e conseguiu levarse o encontro e os 2 puntos.
A vindeira semana, o Garaysa Xiria B descansará e volverá á competición o 8 de marzo fronte o Meaño, en Carballo.


