Este sábado disputaron a novena xornada os equipos alevÍns femIninos Garaysa Xiria e Grupo Lemaco da Liga Alevín Bm 5, Grupo Costa.
Fai dúas semanas as nosas nenas mostraban unha actitude ben distinta a vista este sábado xa que dende o pitido inicial non amosaron gañas por pelexar como o viñan facendo as últimas xornadas. Esto fixo que non fosen bós partidos por parte de ambos equipos que inda por riba de non ter o día xogaron contra rivales moito máis fortes.
Só queda mudar a actitude e adestar na mesma liña que ata o de agora para demostrar que a pesares de xogar contra rivais máis fuertes fisicamente ca elas, poden pelexar e quitar cousas positivas nesta tempada.
Xallas-Grupo Lemaco: 08-00
1º Cuarto: 14-05
2º Cuarto: 14-00
3º Cuarto: 09-02
4º Cuarto: 10-02
Grupo Lemaco Xiria: Carla Martínez (2) , Julia Verdes (3), Xulia Suárez , Andrea López (1) , Nerea Figueiras e Cecilia García (3).
O resultado tan abultado resúmese na cantidade de erros no regulamento que cometeron as xogadoras do Grupo Lemaco.
As nosas nenas apenas se movían nin se desmarcaban o cal propiciaba que unha e outra vez abusasen do bote do balón cometendo dobres e pasos, esto foi aprobeitado moi ben polo equipo do Xallas para quitar rapidamente cada erro que cometían as carballesas.
Na defensa tampouco estiveron atentas e os de santa comba conseguiron lanzar a portería en numerosas ocasións sin oposición de ningún tipo.
Garaysa Xiria-Camariñas: 00-08
1º Cuarto: 02-12
2º Cuarto: 02-14
3º Cuarto: 04-12
4º Cuarto: 02-15
Garaysa Xiria: Sara Rial (6), Mencía Rodriguez (2), Sofía Rey(1), Noa Quintela (1) e Clara Graña.
O Garaysa viuse mermado polas baixas de varias xogadoras de xeito que as cinco nenas tiveron que xogar os catro cuartos sin descansar e o cansancio viuse reflexado nunha mañá calurosa.
A pesares de ser xustas en numerosas ocasións as de Carballo lanzaron a portería; ca mala fortuna de que os porteiros camariñáns paraban os lanzamentos. En defensa a rapidez do equipo de camariñas facía que as do Garaysa perderan a concetración en moitos momentos do encontro, o cal non desaprobeitou o equipo rival que castigaba con gol cada lanzamento.
Por outra banda volviu a xogar o equipo benxamín feminino Xiria Novo que acadaron a súa primeira victoria contra o equipo do balonmán Xallas.
Notouse neste encontro o bó que ten que as nosas benxamíns adestren e xoguen cas alevíns e agora sí movéndose continuamente e interceptando os pases dos de Santa Comba lograron acadar a victoria.
Xiria Novo-Bm Xallas: 8-0
1º Cuarto: 10-03
2º Cuarto: 07-01
3º Cuarto: 08-02
4º Cuarto: 10-03
Xiria Novo: Mencía Rodriguez (8), Sofía Rey(2), Julia Verdes (9), Xulia Suárez (11), Elena Rodriguez (2), Lucía Vila e María Pombo (3).


