Derrota do Garaysa Xiria en Culleredo

Mal partido do Garaysa Xiria que non puido superar a un Culleredo que foi por diante durante todo o encontro.

Culleredo Remax Riazor 31 – Garaysa Xiria 23

Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Marcos Varela, Nicolás Cancela, Andrés Pombo, Nicolás Mejuto, Unai Cotelo, Izan Cabeza, Xabi Fernández, Dani Marta, Xano Rama, Andrés Pedreira, Lucas Fajardo, Saúl Fuentefría, Álvaro Gómez.

Incidencias:  Partido correspondente á 15ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Municipal de Almeiras (Culleredo).

O Garaysa saía ao campo co seu habitual 6:0 e pola contra, o Culleredo coa súa habitual 3:3. O partido xa empezaba mal para os de Carballo, que non conseguían moverse sen balón para superar a defensa presionante dos locáis, e eso fixo que dende os primeiros intres xa foran por detrás no marcador. A primeira parte non cambiaría nada e o partido chegaba ao descanso cun 11-7 a favor do Culleredo.

Na segunda metade, os de Carballo non estiveron nin en ataque nin moito menos en defensa, con moitas exclusións xustas, e o Culleredo conseguía distanciarse no marcador, co que se chegaría ao final cun 31-23.

O Garaysa Xiria baixa á 7ª posición e a seguinte semana disputará 2 partidos na casa, que serán claves para poder subir posicións.