O Garaysa Xiria non puido cun Balonmán Lalín que foi superior durante todo o partido
Garaysa Xiria 23 – Vayro Lalin 44
Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Desale López, Unai Cotelo, Iker Lema, Lucas Fajardo, Héctor Dubra, Ivan Rey, Álvaro Cotelo, Hugo Rama, Saúl Fuentefría.
Incidencias: Partido correspondente á 1ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Ceip Fogar (Carballo).
Comezaba a Liga Ouro infantil masculina e ao Garaysa tocáballe enfrontarse a un dos favoritos da categoria.
O partido comezaba mal para os de Carballo que non sabían como frear o potente ataque dos visitantes que dende os primeiros minutos xa desmostraban por que eran uns dos favoritos desta liga.
A segunda metade estivo un pouco máis igualada, e viuse a un Garaysa algo máis recoñecible de cara a portería, onde se viron minutos de bo balonmán e que de seguro que lles servirá aos de Carballo para coller forzas para os próximos partidos.
A próxima fin de semana o Garaysa Xiria viaxará a Abegondo na 2ª xornada da Liga Ouro infantil masculina.