Derrota do Goldie Xiria ante un superior Porriño

Goldie Xiria 9 – Balonmán Porriño 24 (3-15)

O Goldie Xiria mostrou moitas carencias para dobregar a defensa rival, ben asentada e cunha excepcional Sheila na portería.

Moi pouco bagaxe o obtido polas carballesas en ataque diante dun moi superior Balonmán Porriño, equipo que volveu a demostrar en Carballo, ser a canteira do balonmán galego con xogadoras de moita calidade no seu equipo filial. As xogadoras do Xiria víronse impotentes e sen recursos de ataque, nunha primeira metade, onde o Porriño pese a ter dificultades no ataque posicional ante a defensa do Goldie, sacaba o contraataque con comodidade marcando diferencias no marcador.

Melloraron na segunda metade as xogadoras do Goldie Xiria, e a base de garra e non dobregarse, demostraron que van a loitar ata o final por esa cuarta praza de clasificación para o Grupo que loite polo título, con máis profundidade e movemento de balón no ataque e con intensidade defensiva, plantaron cara nestes segundos 30 minutos.

Goldie Xiria 9 (3): Brenda Noya e Aida Cangas (porteiras) Juana Garrochena , Tamara Pombo, Jessica Posse 2, Sara Pombo 1, María Gómez, Cristina Gende 2, Raquel Gómez , Adriana Gómez 1, Patricia García, Marta Regueira 1, Zeltia Landeira, Natalia Solis 2, Ángela Pena e Sheila Ferreiro.

Balonmán Porriño 24 (15): Sheila (porteira), Candela, Claudia 1, Godoy, Lara 2, Marta 4, Laura, Ana, Uxía 1, Lucía 5, Andrea 3 e Mónica 8.

Marcador cada 5 min:   /0-3/ /1-5/ /2-9/ /2-11/ /3-12/ /3-15/   /4-17/ /5-18/ /6-19/   /8-21/ /8-22/ /9-24/

Arbitraron: Gabriel Folgoso e Pablo Barreiro excluíron a Patricia García, Marta Regueira e Raquel Gómez polo Goldie Xiria .

120 espectadores no Pavillón Vila de Noia.

A vindeira semana o Goldie Xiria viaxará a Vigo para medirse ao actual líder, o Carballal.