Derrota do Grupo Lemaco nun partido onde o resultado leva a engano

Derrota do Grupo Lemaco nun partido onde o resultado leva a engano

Na segunda xornada de Liga Ouro e con varias ausencias o grupo xuvenil do Xiria visitaba o Gatañal para afrontar a un dos rivais fortes da táboa, o Cangas. Pouco tardou o electrónico en decantarse cara as locais grazas a superioridade física no 1×1 e 2×2 con pivote que repetían as pontevedresas ante o 6:0 do Xiria, pero un tempo morto para aumentar a profundidade defensiva e as axudas contivo os embates da primeira liña e puxo as táboas no marcador (12-12). O pulso se mantivo varios minutos ata que reiterados erros de lanzamento deixaban ás rapazas do Xiria por debaixo na chegada ós vestiarios (17-12).

Na segunda metade as locais trocaron a 4:2, 5:1 con profundidade e defensa individual nas superioridades numéricas, o que fixo aumentar drásticamente as xa elevadas perdas de balón das visitantes. O excelente traballo defensivo das de Bergantiños as mantivo no encontro durante boa parte da segunda metade, pero a incapacidade para anotar e os erros de pase deixaban vía libre ós contraataques en primeira oleada, que romperon o encontro nos derradeiros quince minutos (34-18).

Nun partido marcado polas perdas de balón as xuveniles do Xiria amosaron capacidade para pelexar ante calquera rival, pero tamén unha necesidade de ser máis resolutivas ante os espazos xerados nas defensas abertas. Aspecto que deben traballar cara os lances que están por vir.