Derrota do Hierros Varela Urbieta diante do Culleredo na Copa

Derrota do Hierros Varela Urbieta diante do Culleredo na Copa

Segunda xornada da Copa Federación Cadete Masculino
Hierros Varela Urbieta Xiria 37 – Culleredo Remax Riazor 48 (14-24)

Un Culleredo moi superior dende os primeiros minutos e que contaba con todos os seus compoñentes, algo que o Hierros Varela Urbieta non puido facer e notou en exceso, sobre todo en defensa.
A velocidade de ataque foi determinante para que o Xiria foxe incapaz de frear ao seu rival que se foi na primeira metade aos 24 goles. Maior igualdade tras o paso polos vestiarios deixando o marcador nunha diferenza de once goles.

Hierros Varela Urbieta Xiria 37 (14): Xano Rama e Dani Marta (porteiros) Andrés Pombo 11, Saúl Fuentefría 7, Alvaro Gómez 2, Pablo Fraga 3, Xabi Fernández 3, Nico Mejuto 6, Andrés Pedreira 1, Lucas Mateo 1, Rubén Nogareda 2 e Desale López 1
Culleredo Remax Riazor 48 (24): Hugo García e Hugo Díaz (porteiros), Teo 4, Xoan Canedo 14, Fabian 2, Xoan Bello 4, Jorge 8, Jaime 3, Roi 3, Hugo Rodríguez 5 e Diego 5.

Arbitraron: Nicolás Vázquez e Jorge Sánchez